Wednesday 08 de May de 2024

Touro entrega os premios aos gañadores do X Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’


O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou o pasado fin de semana na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do X Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O rexedor agradeceu a numerosa participación e destacó a calidade das obras fotográficas participantes na convocatoria. A categoría xuvenil fue para Yandira López, coa obra Calma. O resto dos gañadores foron: José López, (Premio Natureza), con Labradío en Fao; Paula Castro (Premio Patrimonio), con Abellas no Cruceiro; e Adolfo Enríquez (Premio Tema Libre) con Ensoño. Na Casa da Cultura de Touro pódense visitar a exposición coas obras premiadas e tamén o resto de obras participantes no concurso de fotografía que este ano cumpliu o seu décimo aniversario. O alcalde animou aos participantes a volver a presentarse nas próximas edicións.